Detalls del llibre
No primeiro volume de Xornalistas con opinión recollíanse autores dos séculos XIX e XX. Nesta nova xeira (outras vinte biografías) amplíase a mostra utilizando os mesmos criterios da anterior: autores e autoras que, a través das páxinas dos xornais, entraron no debate do seu tempo, uns máis próximos á creación literaria, outros máis orientados ao discurso xornalístico propiamente dito, mais todos eles comprometidos dun xeito ou doutro coa construción da modernidade. Un equipo de especialistas, coordinados pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega, abordan o estudo de vinte personalidades do xornalismo galego, dende Diego Antonio Cernadas, o cura de Fruíme, ata contemporáneos como Domingo Quiroga. Vinte autores, entre os cales se encontran Castelao, Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Dieste e Blanco Amor, incluíndo os textos especialmente reveladores de Rosalía de Castro.
Llegir més - ISBN13 9788498653380
- ISBN10 849865338X
- Pàgines 388
- Any Edició 2010
- Fecha de publicación 17/12/2010
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
Xornalistas con opinion.2 vinte biografias (Gallec)
- De
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2010)
- 9788498653380



