Detalls del llibre
Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego, manexable por calquera persoa que sinta interese ou curiosidade. O viaxeiro ou o estudioso poderán gozar da información de máis de trinta xacementos que se describen nas súas páxinas e que abarcan desde o neolítico ata os últimos momentos da época romana, e desde os petroglifos ós campamentos militares. Os xacementos de cada época están precedidos por unha breve explicación xeral que realizaron os autores, os arqueólogos Pilar Barciela e Eusebio Rey. O enfoque e a presentación de Xacementos arqueolóxicos de Galicia achegan os restos históricos á curiosidade do visitante, xa que os contidos están expostos de xeito divulgativo, sempre a partir dos traballos científicos e das memorias das escavacións. O carácter práctico da guía facilita a localización dos xacementos, ofrecéndolle ó visitante un plano cunha proposta de percorrido, información sobre os traballos realizados e un tema relacionado co xacemento.
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/a Eusebio Moreno
- ISBN13 9788483024843
- ISBN10 8483024845
- Pàgines 296
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallec
- Alto 205 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 420 g
Ressenyes i valoracions
Xacementos arqueolóxicos de Galicia (Gallec)
- De
- Eusebio Moreno
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788483024843



