Detalls del llibre
Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella. Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788491211037
- ISBN10 8491211039
- Pàgines 216
- Fecha de publicación 02/07/2025
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 230 g
Ressenyes i valoracions
Xa non estou aquí (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2025)
- 9788491211037



