Detalls del llibre
O profesor de Historia Natural Pierre Aronnax, o seu axudante Conseil e o experto arpoador canadense Ned Land embarcan nunha viaxe fantástica, a bordo da fragata Abraham Lincoln, na procura dun misterioso monstro mariño. Este resulta ser un submarino, o Nautilus, que chega a visitar a ría de Vigo ao mando do capitán Nemo: un sabio desenganado da raza humana que se move guiado por un deses motivos tan característicos da novela de aventuras: a busca da xustiza implacable, non exenta de vinganza.Di Ledicia Costas no prólogo da presente edición: «"Vinte mil leguas baixo dos mares" é unha epopea mariña. Unha viaxe ás entrañas do océano onde Verne, como o gran divulgador científico que era, fai o que mellor sabe: escribir unha novela de aventuras onde mestura a ciencia, o progreso e a fantasía».Unha obra mestra que segue a fascinar cento cincuenta anos despois da súa primeira aparición.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Brigitte Faucard-Martinez Jules Verne
- ISBN13 9788491215875
- ISBN10 8491215875
- Pàgines 448
- Any Edició 2019
- Fecha de publicación 10/01/2019
- Idioma Gallec
- Col.lecció XABARIN
- Alto 240 mm
- Ancho 165 mm
- Peso 840 g
Ressenyes i valoracions
Vinte mil leguas baixo dos mares (Gallec)
- De
- Brigitte Faucard-Martinez Jules Verne
- |
- Edicións Xerais (2019)
- 9788491215875



