Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Vellos tempos. A festa de aniversario
Vellos tempos. A festa de aniversario

Detalls del llibre

Manuel Vieites García fixo a traducción de Vellos tempos e A festa de aniversario, dúas das pezas máis representativas de Harold Pinter, un dos autores máis trascendentais da dramaturxia inglesa contemporánea, que ocupa un lugar central na historia da literatura dramática do universo mundo.(*CR*)Pinter, membro de Amnistía Internacional, ten alentado a creación de moi diversos foros de debate, sempre na defensa dos dereitos civís, da liberdade de expresión e contra a censura. Situado inicialmente pola crítica no ámbito do que se deu en chamar "teatro do absurdo", a súa obra reborda calquera tentativa de etiquetado e constitúe unha singular aproximación ó estudio da conducta humana e unha denuncia permanente das diferentes maneiras en que o totalitarismo invade e se instala na vida cotiá.(*CR*)En Vellos tempos e en A festa de aniversario aparecen as tres cuestións claves para analizar a obra de Pinter: a ameza que permanentemente acosa ó individuo, do que xamais sabemos como vai aparecer e cales son as súas causas e finalidades; as dificultades para establecer unha comunicación entre os seres humanos que vai máis aló dos tópicos e dos lugares comúns cos que se inician as dúas pezas; e a imposibilidade de verificar ou dar por certos determinados acontecementos do pasado que condicionan o presente.(*CR*)A dominación e a crueldade, xunto coa extrema fraxilidade do ser humano que pode ser destruído, desintegrado, nun simple instante, e non importa tanto saber que é o verdugo senón constatar que os verdugos existen, quizais sexa unha das conclusións que o lector poida tirar da lectura destas dúas excelentes pezas.(*CR*)
Llegir més

  • Autor/a Harold Pinter
  • ISBN13 9788483023624
  • ISBN10 8483023628
  • Fecha de publicación 08/05/2026
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Vellos tempos. A festa de aniversario?

Vellos tempos. A festa de aniversario
Novedad Novetat

Vellos tempos. A festa de aniversario

8,55€ 9,00€ -5%
No disponible
8,55€ 9,00€ -5%
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp