Detalls del llibre
A Valentina Nunca Calas os apelidos íanlle coma un traxe a medida: aquela nena nunca nunca calaba. Unha tarde a nai mandouna por un paquete de sal e díxolle: - Non enredes polo camiño. Xa sabes que, en canto cae a noite, o Monstro da Media Cara? Charo Pita, escritora galega cunha longa e contrastada traxectoria profesional no mundo da narración oral, creadora de espectáculos onde a oralidade mestúrase coa música ou o debuxo, constrúe aquí unha poderosa alegación sobre o valor e o poder da palabra para afrontar e superar medos viscerais, esa emoción desacougante e incontrolada que se desata cando o cerebro detecta unha ameaza ou un perigo, real ou imaxinario. Hai medos comúns a todas as persoas, e moitos outros que afectan só a algunhas delas, segundo a personalidade de cada quen. Neste caso, a protagonista atopa na súa capacidade de expresión un recurso fantástico ?tamén autobiográfico?- para superar unha mecánica cerebral difícil de controlar, asumindo con sensatez racional, unha situación que non sabemos se é realmente perigosa.
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/a María Del Rosario Pita Villares
- ISBN13 9788498717112
- ISBN10 8498717116
- Pàgines 40
- Any Edició 2023
- Fecha de publicación 01/01/2023
Ressenyes i valoracions
VALENTINA NUNCA CALAS E O MONSTRO DA MEDIA CARA
- De
- María Del Rosario Pita Villares
- |
- OQO Editora (2023)
- 9788498717112



