Detalls del llibre
O 23 de xullo de 1936, cando as tropas rebeldes entraron en Ribadeo, os irmáns Manuel e Claudio Pérez Prieto viron como se esvaían os seus soños de xuventude: a defensa da República e do Estatuto de Galicia remataron bruscamente para eles e as súas vidas esnaquizáronse. Manuel, que era médico, cruzou o río ata As Figueiras (Asturias), onde sufriu un calvario de guerra, cárcere, torturas, condenas, represión e un exilio interior compartido durante anos pola súa familia. Claudio fuxiu ao monte, lonxe de Ribadeo, en Frieira, onde permaneceu agochado un tempo; conseguiu chegar a Nova York e alí residiu durante quince anos antes de regresar á súa casa. Cun emotivo ton memorialista, Claudio Pérez Díaz e a súa filla Claudia Pérez Moratilla narran en «Un gorro ruso» os acontecementos vividos por estes dous irmáns familiares seus, activos participantes da política galeguista de Ribadeo. Esta é a historia dunha familia, coas súas lembranzas e sentimentos únicos, pero a un tempo compartidos e similares a outros relatos dos que sufriron as consecuencias de defender a República e perder a guerra.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autors CLAUDIO PEREZ DIAZ, CLA PEREZ MORATILLA
- ISBN13 9788411102957
- ISBN10 8411102955
- Pàgines 104
- Any Edició 2023
- Fecha de publicación 16/03/2023
- Idioma Gallec
- Col.lecció EDICION LITERARIA - CRONICA - MEMORIA
- Alto 220 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 200 g
Ressenyes i valoracions
Un gorro ruso (Gallec)
- De
- CLAUDIO PEREZ DIAZ, CLA PEREZ MORATILLA
- |
- Edicións Xerais (2023)
- 9788411102957



