Detalls del llibre
Síganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mítico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, día do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunímonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxía e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremos? No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos días de Nadal constitúe o clímax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.
Llegir més - Autor/a Antonio Reigosa
- ISBN13 9788499143132
- ISBN10 849914313X
- Pàgines 160
- Any Edició 2011
- Fecha de publicación 11/11/2011
- Idioma Gallec
- Alto 260 mm
- Ancho 250 mm
- Peso 800 g
Ressenyes i valoracions
Trece noites, trece lúas (Gallec)
- De
- Antonio Reigosa
- |
- Edicións Xerais (2011)
- 9788499143132



