Detalls del llibre
Rosalía de Castro. A luz da ousadía abre as portas ao coñecemento dun debate sobre a identidade, condición e capacidades das mulleres, central no século XIX, e que demostra até que ponto era importante, para o sistema e a súa estabilidade, truncar calquer arela de mudanza psicosocial e moral e reforzar, en troca, todos os mecanismos de suxeición da muller ao home, aos fillos, á casa e á moral conservadora reinante. É, o presente libro, fillo dunha leitura cordial, desprexuiciada e moi atenta da obra íntegra da nosa autora, tanto en verso como en prosa, acto necesario para unha comprensión cabal da súa cosmovisión, da súa ideoloxía, da aspiración á instauración dunha nova moral social e da consecución dun novo locus para as mulleres. Fica ela, Rosalía, liberada do esperpento (dos espellos cóncavos ou convexos que tantas veces a aqueloutraron), retratada conforme autoriza a súa elocuencia, a forza directa dos seus textos, moi ricos en significados explícitos, mais tamén en significados implícitos ou encubertos.María Pilar García Negro
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Diego Pardo Amado
- ISBN13 9788484871590
- ISBN10 8484871592
- Pàgines 128
- Any Edició 2009
- Fecha de publicación 01/06/2009
- Idioma Gallec
- Col.lecció ENSAIO
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Ressenyes i valoracions
Rosalía de Castro (Gallec)
- De
- Diego Pardo Amado
- |
- LAIOVENTO (2009)
- 9788484871590



