Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Rolda nocturna, a (premio n.europea 2008)
Rolda nocturna, a (premio n.europea 2008)

Detalls del llibre

A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozos que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. Con ela, a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Galaxia publica coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, chega ó seu número 19 e inclúe no seu catálogo unha das autoras máis premiadas entre as escritoras inglesas das últimas xeracións. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia. En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco os acontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan. Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos meses arrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o que realmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullar lectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado de reviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar.
Llegir més

  • Autor/a Sarah Waters
  • ISBN13 9788498652505
  • ISBN10 8498652502
  • Pàgines 524
  • Any Edició 2009
  • Fecha de publicación 30/11/2009
  • Idioma Gallec
  • Alto 210 mm
  • Ancho 135 mm
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Rolda nocturna, a (premio n.europea 2008)?

Rolda nocturna, a (premio n.europea 2008)

Rolda nocturna, a (premio n.europea 2008) (Gallec)

26,98€ 28,40€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
26,98€ 28,40€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp