Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
República sideral
República sideral

Detalls del llibre

Obra gañadora da XIV edición do premio Barriga Verde (2020) de textos para teatro de monicreques (modalidade adultos). Co-edición con Agadic. O xurado destacou o humor deste texto e a boa caracterización dos personaxes, así como a potencialidade escénica e a súa adecuación á modalidade do premio, cunha estrutura sólida, dinámicas moi áxiles ?con concreción dos obxectos empregados nun deseño dos movementos moi limpo? e réplicas sinxelas mais mordaces, polo que resulta idóneo para propiciar un diálogo interxeracional sobre feitos históricos. Saliéntase igualmente a exitosa integración no diálogo das persoas manipuladoras, así como a incorporación maxistral dos elementos propios da cachaporra ?con mocadas e pelexas sen escrúpulos. No epílogo da obra Esther Carrodeguas manifesta: «Este pequeno divertimento teatral está deseñado para que persoas de diversas xeracións se senten no patio de butacas e poidan aprender un ben interesante episodio do noso pasado que pode iluminar, ademais, o noso presente. Tamén pretende ser a escusa perfecta para axudar a introducir aos máis pequechos e pequechas da casa en determinados feitos históricos e conceptos políticos por veces difíciles de explicar. A comedia de cachaporra ?tan deostada nos nosos tempos? antóllasenos de grande axuda para este cometido. Por todo isto, "República Sideral" non é unha peza para a mocidade, pero tampouco unha peza para maiores: trátase dunha obra para desfrutar en conxunto, que debe de servir para xerar unha boa conversa interxeracional tras a caída do pano. Case toda a peza está baseada en feitos reais (postos evidentemente ao servizo da comedia). Son reais a maior parte dos nomes dos protagonistas, os feitos que van sucedendo, os lugares polos que van pasando e tamén, desgraciadamente, as súas maneiras de morrer, a pesar de semellares tan farsescas. Isto ?por suposto? deberá de ser un estupendo motor de reflexión».
Llegir més

  • Autor/a María Esther Fernández Carrodeguas
  • ISBN13 9788499953700
  • ISBN10 8499953700
  • Pàgines 72
  • Any Edició 2021
  • Fecha de publicación 03/06/2021
  • Idioma Gallec
  • Audiència General / Comerç
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit República sideral?

República sideral

República sideral (Gallec)

6,65€ 7,00€ -5%
No disponible
6,65€ 7,00€ -5%
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp