Detalls del llibre
Unha guía esencial para mozas e mozos que comezan a etapa da puberdade escrita con claridade e rigor.
Que é a menstruación? Que teñen que ver os cambios coa reprodución? Que é a masturbación? Estas son só tres das moitas preguntas ás que Puberdade en marcha dá resposta de forma clara e dinámica, incluíndo consellos, refutando mitos e animando a formularse preguntas que poder compartir con outros adolescentes.
Nunha etapa vital de grandes cambios, de incertezas e confusión, este libro, escrito por tres profesionais novas comprometidas coa educación sexual integral, ofrece información cun estilo fresco e amigable, para axudarlles aos e ás adolescentes a entender o que lles está a pasar. Tamén aborda temas importantes como a toma de decisións, as relacións interpersoais, os ideais de beleza e a seguranza en Internet.
- Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788413433042
- ISBN10 8413433045
- Pàgines 64
- Any Edició 2024
- Fecha de publicación 14/03/2024
Ressenyes i valoracions
PUBERDADE EN MARCHA
- De
- |
- Kalandraka Editora (2024)
- 9788413433042



