Detalls del llibre
Escritor outsider, malia constituír un dos poetas máis arriscados e fulgurantes de Galicia, tal e como o definiu Román Raña, Isidro Novo resultou practicamente esquecido polo relato oficial e as antoloxías poéticas. Posuidor dunha lírica orixinal e moderna, foi acaso máis coñecido pola súa, tamén arriscada, escrita narrativa, con títulos tan sobranceiros coma Carne de can ou Un escuro rumor tralo silencio. Editorial Galaxia ofrece por primeira vez a súa produción poética galega completa, que inclúe neste volume as obras publicadas en vida do autor ?Dende unha nada núa, Esteiro de noites falecidas e CO2?, as creacións espalladas en revistas, escolmas e libros colectivos, e os poemarios inéditos Sinopse (Romance do presaxio), Sonetario impertinente, (Sen ramal) e De tanto amar a Dores.Sen dúbida, esta edición contribuirá a que a voz perentoria, poderosa e suxestiva do ?xograr da gravidade? ocupe o lugar que lle corresponde por mérito propio.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Isidro Novo
- ISBN13 9788491516262
- ISBN10 8491516263
- Pàgines 486
- Any Edició 2021
- Fecha de publicación 03/05/2021
- Idioma Gallec
- Ancho 132 mm
Ressenyes i valoracions
POESIA GALEGA REUNIDA(1991-2017) (Gallec)
- De
- Isidro Novo
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2021)
- 9788491516262



