Detalls del llibre
Un divertido libro-xogo no que a participación de lectoras e lectores éáimprescindible para axudar aos animais da sabana.
É un día tranquilo na sabana. Todo o mundo está no seu lugar agásáo elefante, que se achega trotando mentres o chan retumba cos seusápasos. Mais axiña repara no desastre: todo está PATAS ARRIBA.áAgora é omomento dos pequenos lectores e lectoras, os verdadeirosáprotagonistas deste álbum, aos que lles tocará sacudir unha vezáe outra o libro ata que todo volva ao seu sitio. Se o sacoden forteáde máis, a paisaxe porase patas arriba. Se non o sacoden o suficiente,áalgunhas cousas seguirán desorganizadas. Sacudir arriba e abaixo,áá dereita e á esquerda. Pero? Quen se agocha detrás do arbusto?áUn cazador? Sigamos sacudindo ata facelo desaparecer!
Unha paleta de cores vivas, figuras de contornos definidos sobreáfondos planos e personaxes con expresións divertidas caracterizanáplasticamente esta obra de Anne Derenne que nos lembra a algunhasáproducións de animación. Un orixinal libro-xogo cheo de humoráque convida a lectoras e lectores a pasar á acción para axudar aos desconcertados habitantes da sabana e libralos dun finalánon desexado. Feliz aventura!
- Enquadernació Tapa dura
- Autor/a ANNE DERENNE
- ISBN13 9788413434421
- ISBN10 8413434424
- Pàgines 28
- Any Edició 2026
- Fecha de publicación 13/03/2026
Ressenyes i valoracions
PATAS ARRIBA
- De
- ANNE DERENNE
- |
- Kalandraka Editora (2026)
- 9788413434421



