Detalls del llibre
So o enunciado A foresta e as árbores, neste novo volume adentrámonos na análise dunha mostra representativa de filmes que, en presente, constrúen, balizan e normalizan un ámbito singular da cultura: producir películas na lingua propia de Galiza.Outra volta a distinción dos capítulos vai cara a aspectos que pasan polo corpo, polos sentidos, polas marxes, e ten a ver coas propostas que os e as cineastas desenvolveron nas súas obras, obras de ficción por veces, documentais ou en pasaxe entre un e outro territorio as máis. Filmar o dó, filmar o velado, filmar o traballo, filmar a ollada, filmar a pantasma, filmar a tribo, filmar as pulsións canda o fóra de campo son as estacións que amplían esta viaxe que quereriamos longa e frutífera.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788491513353
- ISBN10 8491513353
- Pàgines 310
- Any Edició 2019
- Fecha de publicación 09/05/2019
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
Ressenyes i valoracions
Para unha historia do cinema galego. A foresta e as árbores (Gallec)
- De
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2019)
- 9788491513353



