Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Os xigantes no Morgante
Os xigantes no Morgante

Detalls del llibre

Il Morgante Maggiore de Luigi Pulci considérase unha auténtica epopea de xigantes pola avultada presenza destes seres na obra. En efecto, entre os diferentes representantes do marabilloso, os xigantes son os que contan coa maior presenza e número ao longo deste poema e posúen, á sombra de Morgante, unha certa relevancia, maior ou menor segundo os casos. Mentres que os estudosos se centraron eminentemente na comicidade da obra de Luigi Pulci, na natureza e función das súas fontes ûespecialmente a vexata quaestio do Orlando laurenzianoû ou a interpretación do personaxe de Morgante, outros aspectos posibles de estudo quedaron relegados e só se viron beneficiados ou incluídos polos avances da crítica subsidiariamente e en tempos recentes. É o caso dos xigantes secundarios, cuxa relevancia se desvela a través de tres focos principais de análise: a súa morfoloxía física e caracterial, facendo fincapé na súa natureza demoníaca; a cuestión alimentaria, que vai dende a celebración do exceso carnavalesco á abominable antropofaxia; e, por último, a súa función na trama narrativa e a diversa tipoloxía que podemos discernir recorrendo ao contraste con outras tradicións europeas no eido do marabilloso. Máis concretamente, a tradición francesa presenta un especial interese debido á enorme influencia que exerceu na literatura italiana medieval; o estudo desta influencia no caso puntual do Morgante ofrece novas e interesantes perspectivas na análise dos xigantes na obra mestra de Luigi Pulci.
Llegir més

  • Autor/a Mª Cristina González Piñeiro
  • ISBN13 9788415166344
  • ISBN10 8415166346
  • Pàgines 126
  • Any Edició 2011
  • Fecha de publicación 01/12/2011
  • Idioma Gallec
  • Alto 240 mm
  • Ancho 170 mm
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Os xigantes no Morgante?

Os xigantes no Morgante

Os xigantes no Morgante (Gallec)

13,30€ 14,00€ -5%
No disponible
13,30€ 14,00€ -5%
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp