Detalls del llibre
Que récords climáticos se alcanzaron en Galicia? Cales son os lugares máis calorosos? E os máis fríos? Onde chove máis? Onde se rexistran máis días de precipitación? Que zonas gozan dun maior número de horas de sol? Cales teñen maior nebulosidade? Que lugares son os máis ventosos? Como está a afectar o cambio climático a Galicia? Neste libro atoparás as respostas a estas e a outras preguntas relacionadas co clima de Galicia e os diversos tipos de tempo que o caracterizan. Nas súas páxinas explícase como se producen os fenómenos meteorolóxicos máis habituais no noso territorio: as inversións térmicas, as néboas costeiras e orográficas, as illas de calor urbanas, os tipos de precipitación, o efecto foehn, as brisas mariñas, o arco da vella etc. A través de exemplos concretos, analízanse tamén os riscos climáticos que afectan regularmente a Galicia, como vagas de calor, temporais de neve, cicloxéneses explosivas e temporais de choiva e vento, tormentas, secas, tornados... Tamén poderás coñecer como está a cambiar o clima da nosa comunidade debido ao quecemento global e cales son os escenarios de futuro.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autors Alberto Martí Ezpeleta, Juan José Taboada Hidalgo, Dominic Royé, Xavier Fonseca Blanco
- ISBN13 9788491215066
- ISBN10 8491215069
- Pàgines 216
- Any Edició 2019
- Fecha de publicación 13/06/2019
- Idioma Gallec
- Alto 240 mm
- Ancho 170 mm
- Peso 300 g
Ressenyes i valoracions
Os tempos e o clima de Galicia (Gallec)
- De
- Alberto Martí Ezpeleta, Juan José Taboada Hidalgo, Dominic Royé, Xavier Fonseca Blanco
- |
- Edicións Xerais (2019)
- 9788491215066



