Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Os Morenos de Lavadores
Os Morenos de Lavadores

Detalls del llibre

Nos albores do século xx desenvolveuse no antigo concello de Lavadores un forte movemento asociativo e cultural que ía poñer as bases da música de gaita en toda a comarca viguesa. Constante Moreda, Francisco Neira, O Panete, O Formoso, Manuel e Ángel Barciela, Miloroà sentaron os alicerces para que dous gaiteiros mozos, Manuel e José, os Oliveira Blanco, formasen en 1933, xunto ao Firma e a Román na percusión, o cuarteto Os Morenos de Lavadores. Aqueles dous morenos irmáns ían gozar cos anos da compaña na percusión de Luis O Coxo, O Palas, Andrés, Ito, Paco, O Balocas, Mon, O Chato, Alfonso, Pedroà e durante máis de vinte anos, da parella de Olimpio Alonso e José Suárez, a que gravaría ao final dos sesenta os discos cos que o estilo destes músicos, o seu toque, quedaría inmortalizado. Cando en 1973 o grupo decidiu disolverse, atrás quedaban un milleiro de festas, romarías e bailes por todo o país, moitos Entroidos alá no Hío, un feixe de inauguracións, varios concursos, a participación en dous filmes, dúas gravacións discográficas, unha viaxe a París acompañando ao Ballet Nacional Españolà e moita, moita vida e moita música. Música procedente de coros, de bandas, doutros cuartetos, da cultura canora do pobo, escoitada na radio, no cinema, chegada a través de indescifrables partiturasà sempre tocada dun xeito que ía deixar fonda pegada en futuras xeracións de gaiteiros e percusionistas galegos. Música como a Jota da Guía, que desde a viguesa finca de San Roque ao Teatro dos Campos Elíseos, converteuse en parte da paisaxe sonora dos seus veciños e veciñas. Este volume e o seu DVD condensan esta historia e cifran o estudo da súa andaina e do seu son. Mais tamén pretenden ser un recoñecemento a uns homes e a unhas mulleres, un traballo que fala do que nos contaron, do que viviron e escoitaron, do que perderon e conservaron, do seu pasado, tamén noso, e do presente. Un traballo dun grupo de gaitas, que por dereito propio, forma parte xa da identidade sonora de Galicia. AIRE MORENOS!
Llegir més

  • Enquadernació Tapa dura
  • Autors Xerardo Fernández Santomé, Miguel Pérez Lorenzo
  • ISBN13 9788482893952
  • ISBN10 8482893955
  • Pàgines 336
  • Any Edició 2011
  • Fecha de publicación 04/04/2011
  • Idioma Gallec
  • Alto 297 mm
  • Ancho 200 mm
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Os Morenos de Lavadores?

Os Morenos de Lavadores

Os Morenos de Lavadores (Gallec)

42,75€ 45,00€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
42,75€ 45,00€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp