Detalls del llibre
En 1972 publicábase The limits to Growth, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incertezas e tras dúas décadas de crecemento económico extraordinario: no paso dende o capitalismo produtivo ao capitalismo financeiro; no comezo da globalización económica e das tecnoloxías da información e comunicación, unha consecuencia doutra.O resultado reafirma que o camiño que seguiu a humanidade ata daquela era erróneo, e suxire alternativas para reconducir a situación, demandando actuacións con urxencia. Conclusións que foron duramente atacadas dende o poder establecido.Cincuenta anos, varias edicións e traducións a máis de trinta linguas tiveron que pasar para comezar a declarar a situación do planeta como de emerxencia, ao que se se suma esta primeira tradución ao galego. Posiblemente tarde, mais mellor tarde que nunca.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a AA. VV.
- ISBN13 9788491518457
- ISBN10 8491518452
- Pàgines 232
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 16/05/2022
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
- Peso 310 g
Ressenyes i valoracions
OS LIMITES DO CRECEMENTO INFORME PARA O PROXECTO DO CLUB DE (Gallec)
- De
- AA. VV.
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2022)
- 9788491518457



