Detalls del llibre
?Arealonga? quería ofrecer nun soio volume tódolos textos galegos de Rosalía de Castro, moitos deles somente atopables en publicaciós eruditas. Ademáis de ?Cantares Gallegos? e de ?Follas Novas?, as dúas grandes obras en galego da nosa autora, esta nosa entrega contén un conto en prosa, unhas traducciós en verso e dez poemas que Rosalía escribiu ó marxe dos dous libros citados. O leutor, por conseguinte, está dediante da totalidade do mensaxe galego de Rosalía. en canto ó erudito, afórraselle o traballo de ter que percurar as pezas esparexidas deste mensaxe. Cando Rosalía de Castro publicóu o seu primeiro libro vernáculo, Galicia era unha enorme gándara de alleamento. Ela, ó definirse e ó definirnos, brindóunos unha tarefa que outros espritos foron precisando e agrandando. Pro ela foi un verdadeiro alborecer. Cando dazasete anos despósi, en 1880, Rosalía viaza ás bisbarras mási escuras da súa intimidade, compón un libro que é un exemplario de poesía fonda, radica e gravemente desacougante. Hai nese libro, tamén, anacos latexantes da Galicia que dasquela padecía, moi concretamente, a historia. Ese volume, ?Follas Novas?, consolida, en certa maneira, o que a nosa autora fixera nun lóstrego de intuición e acerto: convertir unha fala popular en ferramenta artística. Despóis de 1880, Rosalía de Castro vai vivir intres cheos de dificultade e de traxedia: desgracias familiares, penosa enfermedade, incomprensiós literarias, xenreiras ... Nestes intres, aqueloutrada por semellantes circunstacias, abandona o idioma que a ela, máis que a ninguén, lle debia a súa renacencia, a súa fermosa renacencia. O presente volume recolle, xustamente, a aportación ?adecisiva e primaveral aportación- que Rosalía de Castro tributóu ó noso Rexurdimento.Libro que analiza la creación de una nueva mitología en la Alemania de los siglos XIX y XX, con la creación de un culto intesamente literario y estetizante en el que se pueden distinguir, por una parte, el esteticismo de Rilke, George y Thomas Mann, y, por otra, las fantasías políticas del tipo del «artista-político» nietzscheano.
Llegir més - Autor/a Rosalía de Castro
- ISBN13 9788476004715
- ISBN10 8476004710
- Pàgines 346
- Any Edició 1989
- Fecha de publicación 01/11/1989
- Idioma Castellà
- Col.lecció Arealonga #5
- Alto 180 mm
- Ancho 120 mm
- Peso 250 g
Ressenyes i valoracions
Obra galega completa (Castellà)
- De
- Rosalía de Castro
- |
- Ediciones Akal (1989)
- 9788476004715



