Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
O volframio en Varilongo
O volframio en Varilongo

Detalls del llibre

O volframio, ese sorprendente ouro negro que tantas cobizas, fortunas e soños moveu nos anos da Segunda Guerra Mundial, é o protagonista desta maxistral monografía sociopolítica (e aínda máis) da escritora Carmen Blanco Ramos. Ela mora en Santa Comba de Xallas, ao pé das farturentas minas de Varilongo, e alí entrevistou a varias persoas que, dun xeito ou doutro, tiveron que ver co ?mineral? que, no seu día, mudou na comarca, nos anos de esplendor, fortunas, costumes, actitudes? A febre e o gaño deste ouro negro mesmo suscitou versos ó xeito popular, como as ?cantareas? recollidas nun capítulo deste libro. É o ouro que disputaban, felinamente, axentes dos nazis e axentes dos aliados para perfeccionaren as súas terribles armas de guerra. Disputas nas que, en ocasións, atopamos empresarios, traballadores ben pagos e veciños que andaban ?á roubeta? perseguidos pola Garda Civil. Alá no fondo, movendo algúns dos fíos do negocio, xentes moi vinculadas a Franco, como o seu cuñado Ramón Serrano Suñer (ex-ministro), o capitalista Ildefonso Fierro ou o pai de Cristóbal Martínez Bordiu. Entre os que gañaron o pan nas minas de Varilongo está unha familia ilustre, honrada e castigada: os Liste (seis membros) da parroquia de Calo, con Eduardo Liste Forján á cabeza, irmán de Enrique Líster, o heroico capitán das milicias republicanas. Esta é a primeira monografía sobre o tecido sociopolítico do volframio galego, que tantas cobizas enfrontou e tantos hábitos mudou noutras partes de Galicia, desde as ricas minas de Silleda ós pequenos filóns de San Paio de Ventosela, nas terras de Ribadavia. Xesús Alonso Montero
Llegir més

  • Enquadernació Butxaca
  • ISBN13 9788499149912
  • ISBN10 849914991X
  • Pàgines 152
  • Fecha de publicación 08/05/2026
  • Idioma Gallec
  • Alto 220 mm
  • Ancho 145 mm
  • Peso 240 g
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit O volframio en Varilongo?

O volframio en Varilongo
Novedad Novetat

O volframio en Varilongo (Gallec)

18,52€ 19,50€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
18,52€ 19,50€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp