Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
O saber do pobo
O saber do pobo

Detalls del llibre

Este volume ocúpase dun dos campos máis fértiles do nos patrimonio inmaterial, o do vizoso repertorio dos bailes e música tradicionais de Galicia e dalgúns elementos etnográficos relacionados con eles, como a roupa e os adornos indumentarios, os instrumentos musicais ou as celebracións e as actividades colectivas que ofrecían escenario para cantos e danzas. Un coidado volume enciclopédico que recompila e actualiza, por vez primeira, toda a información dispoñible sobre o traxe tradicional galego, os seus tecidos, agremáns e as súas diferencias territoriais. Un estudio novidoso sobre os bailes (muiñeira, xota, fandango, zapateado, seguidilla), as danzas (gremiais, pagás, relixiosas), o cancioneiro e as reunións festivas (fiadeiros, seráns, malla, vesadas, muiñadas?) propios da cultural tradicional galega. Unha descrición detallada dos instrumentos do folclore galego (percutivos, de fricción e vento), que se completa co primeiro vocabulario específico sobre o noso floclore. A cantidade de fontes citadas ou consultadas e a profusión de información textual e gráfica que contén este libro singular no noso eido editorial non empecen a amenidade e transparencia das súas páxinas, que non son obra dun floclorista de academia, senón dun artista, Calixto Albán Laxe, que vive con paixón o baile tradicional de Galicia e ensina os seus segredos nas colonias galegas espalladas polo mundo.
Llegir més

  • ISBN13 9788483022351
  • ISBN10 8483022354
  • Fecha de publicación 08/05/2026
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit O saber do pobo?

O saber do pobo
Novedad Novetat

O saber do pobo

39,76€ 41,85€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
39,76€ 41,85€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp