Detalls del llibre
Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Victor Hugo, que marcou a aparición do número 100 do seu catálogo.Le petit roi de Galice -un capítulo da visión poética da Historia constituída por La Légende des siècles- é unha composición épica de importancia certa, tanto para a crítica literaria como para o propio autor, que chegou a deseñar unha portada onde se xunguen a paisaxe compostelá e a historia de Nuno.A emotividade e intensidade do texto huguiano consérvase plenamente na versión galega -tamén en verso- de Henrique Harguindey. Os lectores e lectoras poderán, a maiores, ler e gozar o texto orixinal, situado en paralelo á tradución.Na rompente da maré dese xenio da Literatura, a ondiña galega segue a borboriñar e a ser ouvida co seu propio son.Para André Dumas, por exemplo: ?Le Petit Roi de Galice é un dos poemas máis conmovedores, máis coloridos e mellor escenificados de La Légende des sièclesLa Légende des siècles. Édition d'André Dumas. Garnier Frères. Paris, 1962.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Hugo De San Victor
- ISBN13 9788484876076
- ISBN10 8484876071
- Pàgines 150
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 01/11/2022
- Idioma Gallec
- Col.lecció VENTO ALTO. POESIA
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
- Peso 250 g
Ressenyes i valoracions
O reiciño de Galiza (Gallec)
- De
- Hugo De San Victor
- |
- LAIOVENTO (2022)
- 9788484876076



