Detalls del llibre
Unha viaxe ao corazón dunha civilización desaparecida na brétema do tempo polos camiños da Historia e da Literatura. Un libro que mostra, a través dos ollos dun escritor contemporáneo, a cultura de guerreiros relixiosos e unha épica poderosa que aínda latexa oculta dentro da cultura occidental. Unha aproximación á grande epopea dos celtas irlandeses que durmiu semiagochada e dispersa durante séculos. Lugh, Breogán, Cú Chulainn, Finn, deuses, semideuses e heroes. O pálido rei Artur, o que desapareceu no océano celta rumbo á illa de Avalon, segue seducindo os europeos máis soñadores. N?O país da brétema recóntanse os latexos da alma celta desde a orixe, entre as brumas do mito e a lenda, ata o respirar das novas gaitas actuais. O embruxo dunha cultura que atrae inevitablemente os habitantes dun tempo que quere mitos, e dunha cultura que desconfía da maxia e do misterio. Desta obra xurdiu a necesidade de escribir un libro posterior, Morgún (Xerais, 2003).
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Suso de Toro
- ISBN13 9788491210672
- ISBN10 8491210679
- Pàgines 352
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallec
- Alto 200 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 380 g
Ressenyes i valoracions
O país da brétema (Gallec)
- De
- Suso de Toro
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788491210672



