Detalls del llibre
Cando Inés lle prometeu á nai ler os seus cadernos e escribir o libro da súa vida non podía imaxinar o alcance dese legado. Ao abrir o primeiro manuscrito, a memoria devolveulle a imaxe de Carmiña, trinta anos máis nova, escribindo sen parar sobre a mesa da cociña.Inés sabía que se lle presentaba unha oportunidade irrepetible e fixou a ollada na caligrafía coñecida, coma se así puidese revivir a nai xa ausente para sempre. E o texto prendeuna a un pasado e unha vida absolutamente descoñecidos para ela: «Este é o relato dunha orfa á que lle tocou loitar pola supervivencia, un pequeno gran drama que aconteceu nos tempos duros dunha España acabada de saír dunha guerra civil. Naquel tempo moitas familias perderon todo o que tiñan, algúns incluso a vida, mentres outras facían moitos cartos. Para medraren, algúns deses novos ricos sen escrúpulos nin cultura non dubidaron en aproveitarse de persoas inocentes e desvalidas coma min.»
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Elena Martínez Gallego
- ISBN13 9788411104869
- ISBN10 8411104869
- Pàgines 640
- Any Edició 2024
- Fecha de publicación 15/02/2024
- Col.lecció Edición Literaria - Narrativa
- Peso 830 g
Ressenyes i valoracions
O LEGADO DA NENA DO SAL
- De
- Elena Martínez Gallego
- |
- Edicións Xerais (2024)
- 9788411104869



