Detalls del llibre
Unha novela emocionante sobre a procura da identidade, a superación e o vínculo coa natureza.
Úrsula Mon vive nunha aldea das montañas coa súa avoa e séntese distinta aos demais. Na escola é obxecto de burlas pola súa tartamudez e só encontraacubillo no bosque. Alí sucede algo extraordinario: o día en que se cruza cun oso, a ollada do animal atravésaa para sempre e esperta nela unha conexión emocional e unha forza interior ata entón descoñecida. Guiada polas historias dun vello gardamontes e co apoio inesperado da súa nova mestra, a nena iniciará dende ese momento unha viaxe persoal impulsada pola súa fascinación polos osos, na cal será capaz de transformar a súa vulnerabilidade nun valor salvaxe.
Unha historia conmovedora de Mónica Rodríguez, acompañada polas suxestivas ilustracións de Ester García, que explora a busca da voz propia e o vínculo profundo entre o ser humano e a natureza, sen deixar de lado outros temas como a crueza do acoso escolar ou o peso da soidade e das ausencias familiares.
- Autor/a Mónica Pedrosa Rodríguez
- ISBN13 9788413434452
- ISBN10 8413434459
- Pàgines 104
- Any Edició 2026
- Fecha de publicación 14/05/2026
- Idioma Castellà
- Audiència Infantil / Juvenil
- Rang Edat d'interès, anys Des de 11
Ressenyes i valoracions
O día que Úrsula Mon se converteu en oso (Castellà)
- De
- Mónica Pedrosa Rodríguez
- |
- Kalandraka Editora (2026)
- 9788413434452



