Detalls del llibre
Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novo instituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas a través do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, o nome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos foros sobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz, entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras do ciberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter: onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real? Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foi entón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla se precipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Ledicia Costas
- ISBN13 9788499144337
- ISBN10 8499144330
- Pàgines 224
- Fecha de publicación 23/07/2024
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
- Peso 230 g
Ressenyes i valoracions
O corazón de Xúpiter (Gallec)
- De
- Ledicia Costas
- |
- Edicións Xerais (2024)
- 9788499144337



