Detalls del llibre
Este libro, O CAMIÑO, do Cebreiro a Santiago , nace para celebrar trinta anos de andaina dos Premios da Crítica, unha experiencia pioneira da sociedade civil baseada, arremedando a milenaria do Camiño de Santiago, na pluralidade, na tolerancia e nos valores que nos identifican como galegos. As colaboracións, que conforman poliedricamente as vivencias, sentementos e ideas do colectivo que realizou este camiño en abril de 2.007, pretenden aportar ledicia e estética a este itinerario vertebrador de Europa en vísperas do comezo doutro Ano Santo, o Xacobeo de 2010. No decir de Basilio Losada, o decano e o máis experto dos caminantes, o Camiño hai que entendelo sobre tres eixos: a paisaxe, a arte e a xente . No caso que nos ocupa, son as xentes todas aquelas que están no camiño, as que moran e as que van in itinere , que son as que conforman o miolo desta enriquecedora e inesquencible experiencia.
Llegir més - Autor/a Resistencia Varios Autores
- ISBN13 9788476806562
- ISBN10 8476806566
- Pàgines 166
- Any Edició 2009
- Fecha de publicación 21/12/2009
- Idioma Gallec
- Audiència General / Comerç
Ressenyes i valoracions
O Camino do Cebreiro a Santiago (Gallec)
- De
- Resistencia Varios Autores
- |
- Ir Indo Edicións (2009)
- 9788476806562



