Detalls del llibre
Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha encrucillada onde nada é o que parece. Alguén quere acabar para sempre cos arxinas, e pode que o inimigo estea ao seu carón. O que lle vai ser revelado a Selmo significará o comezo dunha apaixoante novela de acción, misterio e aventuras, na que, arredor do terrible segredo dunha máxica táboa de arxila, o amor e a traizón, a fidelidade e a cobiza enfrontaranse no marco das antigas fragas e devesas das Terras Outas dos arxinas. A Táboa da Hospitalidade é a segunda entrega da serie O Brindo de Ouro, iniciada con A chamada do Brindo, novela pola que Xesús Manuel Marcos obtivo o Premio Merlín 2004.
Llegir més - Enquadernació Tapa tova
- ISBN13 9788499140643
- ISBN10 8499140645
- Pàgines 416
- Any Edició 2009
- Fecha de publicación 20/11/2009
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 210 mm
- Peso 420 g
Ressenyes i valoracions
O Brindo de ouro II (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2009)
- 9788499140643



