Detalls del llibre
Selmo, o fillo do gardián da tribo dos arxinas, coñece a desfeita de Cido, a súa aldea, que foi incendidada polos seus inimigos, os valecos da tribo dos broncedos. Na súa fuxida, Selmo, acompañado de Lombán, o seu lobo albino, atopará a dous heroes, Toimil e Oulego, que o axudarán, xunto coa Valiña da Osa, unha xida, meiga protectora da aldea, a desvelar o misterio do Brindo de ouro, ese corno máxico que os protexe, porque lles proporciona a valentía que os fará invulnerables. ?O Brindo de Ouro. I. A Chamada do Brindo? de Xesús Manuel Marcos, premio Merlín de literatura infantil e xuvenil 2004, é unha novela de aventuras, épica e fantástica, que remite a un pasado mítico, onde o heroísmo e a maxia ocupan un lugar sobranceiro.Un texto que crea un mundo autónomo, ao xeito de Tolkien, e conforma unha novela escrita coas pautas das obras de espada e bruxería sobre o trasfondo da paisaxe e da toponimia das terras do Caurel.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- ISBN13 9788497822060
- ISBN10 8497822064
- Pàgines 240
- Any Edició 2004
- Fecha de publicación 06/09/2004
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 260 g
Ressenyes i valoracions
O Brindo de ouro I (Gallec)
- De
- |
- Edicións Xerais (2004)
- 9788497822060



