Detalls del llibre
É o tempo da posguerra, tempo de miseria, tempo de desacougo. Os rapaces rabuñaban no lixo das casas ricas para apañar as mondas das patacas, que logo fervían e comían con ansia. Agora, nin iso, xa non hai mondas porque os ricos nos as tiran, gárdanas para cear cun chisco de aceite.Non é así en Vilaveiga -unha aldea morriñenta de montaña-, onde teñen mazás a rego cheo para dar alivio a bandullos de xente e animais: reinetas, mazás de sidra, riscadas, con becho, sen becho, amarelas, verdes e ata golden, que non son autóctonas, pero Andrés "o Parviño" rilla nelas con pracer. Chegado un momento, na aldea comezan a suceder unha serie de acontecementos que fan espernexar até a mesma terra: Henrique "o do estraperlo" trae consigo unha escolma de libros, unha familia de herexes protestantes alugan a casa grande, e Adelaida, unha neniña con anemia, aprende a ler...
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a MONTSERRAT FERREIRA FERVENZA
- ISBN13 9788411103312
- ISBN10 8411103315
- Pàgines 256
- Any Edició 2023
- Fecha de publicación 11/05/2023
- Idioma Gallec
- Col.lecció Edición Literaria - Narrativa
- Alto 230 mm
- Ancho 155 mm
- Peso 430 g
Ressenyes i valoracions
O ANO DAS MAZAS (Gallec)
- De
- MONTSERRAT FERREIRA FERVENZA
- |
- Edicións Xerais (2023)
- 9788411103312



