Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Nunha presa de terra
Nunha presa de terra

Detalls del llibre

Esta é unha novela con moitas máis cousas, pero eu fíxome sobre todo nunha: a portentosa descrición da vida labrega de cando Paco Castro e mais eu eramos tamén nenos labregos, el por terras do Incio e eu pola Terra Chá, que ó fin e ó cabo vénvos sendo o mesmo. Pero aquí non hai ningún etnografismo, hai vida. Os personaxes son verdadeiros: son persoas, non tipos. Eu non os coñecín, pero recoñézoos con todas as súas luces e sombras, con todas as súas infinitas facetas: o pai atormentado polo seu alcoholismo irremediable, a prodixiosa mai intelixente e valorosa e triste, o amor imperfecto pero fatídico entre os dous, a esperanza terque no futuro. E o neno que medra e cambia. E a vida tal como é, ou como era.Coincide o tempo desta novela cunha mudanza feroz: Paco Castro e mais eu nacemos case na agricultura neolítica, e nos anos da nosa infancia e mocidade unha cultura milenaria foi destruída sen dar lugar a algunha cousa nova e propia, senón a unha aculturación, a unha asimilación, a unha colonización. Isto é algo que tamén conta John Berger de sitios que chamamos Francia. É o mesmo: Paco Castro cóntao de nós, e tampouco non fai etnografía, porque el está radicalmente da parte de dentro.Podiamos meternos en comparanzas, pero isto é diferente: diferente das grandes novelas de nenos labregos da nosa literatura, que son, digo eu, as Aventuras de Alberte Quiñoi e as Memorias dun neno labrego. Isto é outra cousa: está máis preto de nós. E doe máis. Cantas veces pensaría eu en escribir unha novela así, e nunca me atrevín! Grazas a Paco Castro por escribila e darma a ler.Darío Xohán Caban
Llegir més

  • Enquadernació Butxaca
  • Autor/a PACO CASTRO ALVAREDO
  • ISBN13 9788484872030
  • ISBN10 8484872033
  • Pàgines 184
  • Any Edició 2021
  • Fecha de publicación 19/05/2021
  • Idioma Gallec
  • Alto 210 mm
  • Ancho 140 mm
  • Peso 290 g
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Nunha presa de terra?

Nunha presa de terra

Nunha presa de terra (Gallec)

7,60€ 8,00€ -5%
No disponible
7,60€ 8,00€ -5%
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Més llibres de PACO CASTRO ALVAREDO

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp