Detalls del llibre
Antonio escribe bañado en lágrimas nun xélido garaxe da cidade de Lisboa. Carla fala da morte de Giuseppe Verdi, de corazóns detidos no medio da noite e do coro dos escravos de Nabucco a agromar entre a néboa. Nunha nota de despedida, Natsuki escribe na parede sobre rumores de pasos e a desaparición da neve. Castro quere coñecer a terra dos seus devanceiros e a noite antes de partir un irlandés canta onda unha fiestra cos ollos incendiados. Vidas que se adhiren á conciencia conformando unha familia de voces que poboan o día a día dun hostal de cuartos compartidos no centro da cidade onde o ronsel das súas presenzas desaparecerá, empurrado polo incesante ir e vir doutros viaxeiros. Gañadora da XXIV edición do Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta, o xurado salientou de Non o saben as estrelas «a súa orixinalidade temática e o carácter innovador dun texto de lectura engaiolante e capacidade envolvente».
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Diego Alfonsín
- ISBN13 9788491214298
- ISBN10 8491214291
- Pàgines 96
- Any Edició 2018
- Fecha de publicación 13/09/2018
- Idioma Gallec
- Col.lecció Edición Literaria - Narrativa
- Alto 220 mm
- Ancho 145 mm
- Peso 160 g
Ressenyes i valoracions
Non o saben as estrelas (Gallec)
- De
- Diego Alfonsín
- |
- Edicións Xerais (2018)
- 9788491214298



