Detalls del llibre
Marosa Vega, unha talentosa e hábil xornalista que foi despedida por querer sempre investigar de máis, acepta un encargo moi especial dun antigo compañeiro: Salva Lamas pídelle axuda para desentrañar un caso de corrupción política que afecta ao presidente da Xunta de Galicia e que está a deixar un regueiro de vítimas.Construtores, banqueiros, avogados, altos cargos políticos, directivos de medios de comunicación... Todos teñen participación e obteñen beneficios da Administración pública: a empresa, «a máquina de verdade», como lle chaman. A súa ambición é absolutamente desmedida e son capaces de calquera cousa, por terrible, violenta e destrutiva que sexa, con tal de conseguir o que lles corresponde pola súa colaboración en favor do partido político no poder. «Ninguén contará a verdade», de Pedro Feijoo, é unha novela minuciosamente documentada, ousada e adictiva. Un texto de absoluta actualidade sobre a corrupción política e as súas consecuencias en cuxa trama de ficción calquera lector informado pode atopar referentes reais claros.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a PEDRO FEIJOO BARREIRO
- ISBN13 9788411104326
- ISBN10 841110432X
- Pàgines 632
- Any Edició 2023
- Fecha de publicación 01/01/2023
- Idioma Gallec
- Col.lecció Edición Literaria - Narrativa
- Peso 830 g
Ressenyes i valoracions
NINGUÈN CONTARÁ A VERDADE (Premio Xerais 2023) (Gallec)
- De
- PEDRO FEIJOO BARREIRO
- |
- Edicións Xerais (2023)
- 9788411104326



