Detalls del llibre
En Nazismo e clase obreira 1933-1993, Sergio Fontegher Bologna fálanos do papel da clase obreira nos anos anteriores e posteriores á toma do poder nazi. Ao analizar as condicións de vida das persoas traballadoras e os acontecementos máis cruciais do período (desde o masacre obreiro de Berlín en 1929 até a historia das bandas de rúa xuvenís antinazis e as redadas das SA nos bares obreiros dos suburbios) en anos que foron en realidade de conflito en ascenso, o libro desmonta o xuízo tradicional da historiografía, segundo o cal a clase obreira e o proletariado alemán inclináronse perante Hitler sen opor ningunha resistencia. Unha visión substancialmente inxusta, que non ten ningún respecto pola realidade. A loita antifascista era un obxectivo real e concreto perseguido polas organizacións obreiras alemás, malia todas as limitacións que padecían por insuficiencia de medios para tal fin. Contra elas, o nazismo desenvolverá diversas e complexas estratexias de ?entrismo? para separar os intereses de clase, dividir as conciencias e, en última instancia, desgarrar o tecido da clase traballadora.
Llegir més - Autor/a SERGIO FONTEGHER BOLOGNA
- ISBN13 9788484877240
- ISBN10 8484877248
- Pàgines 2
- Any Edició 2025
- Fecha de publicación 02/05/2025
- Idioma Gallec
- Rang Edat d'interès, anys Des de 15
Ressenyes i valoracions
Nazismo e clase obreira (1933-1993) (Gallec)
- De
- SERGIO FONTEGHER BOLOGNA
- |
- LAIOVENTO (2025)
- 9788484877240



