Detalls del llibre
das palabras?. Así define este particular libro de memorias a súa autora, Carys Evans-Corrales (1949-2020), lingüista, profesora, tradutora (traduciu ao inglés numerosos autores galegos: Murado, Pallarés, Sumai, Borrazás ) e protagonista dunha singular peripecia vital. Con só tres meses de idade deixou o seu Londres natal para se instalar en Singapur, onde o pai conseguira traballo como profesor de Lingua e Literatura. As súas primeiras palabras foron en hainanés, o idioma da muller chinesa que a coidaba. E logo había entrar en contacto co malaio en Kuala Lumpur, co crioulo en Kingston, co galés na terra dos pais, co inglés e as súas infinitas variantes desde York a New Jersey, co galego e o castelán na Compostela do final do franquismo e os inicios da democracia A Carys cadroulle vivir, falar e escoitar en países que, coma a propia autora, estaban á procura dunha identidade. Moza falangueira procura lingua materna é o relato vital dunha muller que viviu os idiomas coma ?ferramentas para intentar descifrar o mundo e para sabermos quen somos?.
Llegir més - Autor/a Carys Evans-Corrales
- ISBN13 9788484876144
- ISBN10 8484876144
- Pàgines 2
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 01/10/2022
- Idioma Gallec
- Rang Edat d'interès, anys Des de 14
Ressenyes i valoracions
Moza falangueira procura lingua materna (Gallec)
- De
- Carys Evans-Corrales
- |
- LAIOVENTO (2022)
- 9788484876144



