Detalls del llibre
A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns, mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Begoña Caamaño
- ISBN13 9788411764957
- ISBN10 8411764958
- Pàgines 192
- Any Edició 2025
- Fecha de publicación 01/01/2025
- Peso 300 g
Ressenyes i valoracions
MORGANA EN ESMELLE
- De
- Begoña Caamaño
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2025)
- 9788411764957



