Detalls del llibre
O 27 de outubro de 2016 Antón Reixa sufre un complicado accidente de tráfico durante unha viaxe a Madrid: fractura aberta de tibia e peroné, fractura de calcáneo, vértebra L2, máis dunha ducia de costelas rotas e contusión pulmonar que pode provocar colapso respiratorio e remata nun coma inducido durante 18 días. Dese accidente naceu este libro, escrito durante a súa convalecencia, nas horas de dor, frío e pobreza enerxética televisada do inverno de 2017. Esta é a crónica de 18 días en coma, 10 meses de melancolía paralímpica e unha vida posthumana. Michigan / Acaso Michigan é libro abraiante, rescatado das fendas máis profundas e incontrolables do cerebro do ser humano e das súas posibilidades creativas. Prologado por Chus Pato e con textos epistolares finais de Daniel Salgado, esta é unha fascinante historia sobre os límites. Existe un vídeo dispoñible en YouTube ao que se pode acceder directamente a través desta ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=t nftv63SGbo & feature=youtu.be
Llegir més - Enquadernació Tapa dura
- Autor/a Antón Reixa
- ISBN13 9788491214342
- ISBN10 8491214348
- Pàgines 120
- Any Edició 2018
- Fecha de publicación 11/10/2018
- Idioma Gallec
- Alto 250 mm
- Ancho 162 mm
- Peso 430 g
Ressenyes i valoracions
Michigan / Acaso Michigan (Gallec)
Crónica de 18 días en coma
Llegir més - De
- Antón Reixa
- |
- Edicións Xerais (2018)
- 9788491214342



