Detalls del llibre
"Comecei a odiar a miña familia o día en que nacín". Así arrinca esta biografía de odio. Anxo, o seu narrador e protagonista, é a personificación do autoodio: despreza as súas orixes, a súa terra e a súa clase social. Odia a súa deforme nai, o seu fracasado pai, o seu beato irmán, a súa rancorosa avoa e o seu inútil único amigo. Odia o cheiro da súa vila mariñeira, odia os seus veciños pailáns e odia a súa rústica lingua. Cre que a vida lle ten preparado algo mellor que a mediocridade que o rodea, que a súa beleza e o seu intelecto merecen algo máis, polo que o seu único obxectivo é marchar e romper para sempre cos vínculos que o atan ao lugar e ás persoas que o viron nacer. Ninguén o deterá no seu camiño ao "éxito".Nesta novela acompañamos a Anxo na súa fuxida das orixes e asistimos abraiados e, en moitas ocasións, mortos de risa, ao seu fulgurante ascenso ao máis baixo. Vantaxista, disoluto, libertino e tamén ruín, perverso e depravado son algúns dos adxectivos que adornan este odiador que, de xeito descarnado e hilarante, nos narra a súa vida. En certos momentos quizais nos lembre, por razóns moi diversas, outros personaxes literarios como Ignatius J. Reilly de A conxura dos necios ou Adrián Solovio de Arredor de si. Unha novela picaresca que nos atrapará coa súa hábil construción de caracteres e co seu trepidante ritmo cinematográfico. Atención ao inesquecible final.?Con Memorias dun exgalego, Araújo rompe todos os moldes do convencional para asomarnos a un abismo moi politicamente incorrecto?.Elena Méndez, La Voz de Galicia?Preparen o corpo como o fan con Peckinpah ou Tarantino. Están advertidos da emocional vertixe?.Oriana Méndez, Faro de Vigo
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Josiño Araújo
- ISBN13 9788484875826
- ISBN10 8484875822
- Pàgines 282
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 01/05/2022
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
- Peso 390 g
Ressenyes i valoracions
Memorias dun exgalego (2ª Ed.) (Gallec)
- De
- Josiño Araújo
- |
- LAIOVENTO (2022)
- 9788484875826



