Detalls del llibre
PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2021Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos ?xiro discursivo da maternidade?. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de alta incidencia en Galicia: o decrecemento progresivo da natalidade e o atraso da idade á que as mulleres teñen o seu primeiro fillo. Estes factores contribúen a explicar a transferencia dunha serie de modelos extraídos do mundo do traballo no réxime neoliberal ás tarefas da crianza. Explorar os novos dispositivos parentais, e as súas implicacións colectivas, é o principal obxectivo deste ensaio, que entra en diálogo con clásicos da literatura feminista, ao tempo que tenta explorar os límites da dimensión confesional do xénero.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Maria do Cebreiro Rabade Villar
- ISBN13 9788491519256
- ISBN10 8491519254
- Pàgines 164
- Any Edició 2022
- Fecha de publicación 15/09/2022
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 135 mm
- Peso 260 g
Ressenyes i valoracions
MATERNIDADES VIRTUOSAS UNHA CRITICA AOS MODELOS PROFESIONAI (Gallec)
- De
- Maria do Cebreiro Rabade Villar
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2022)
- 9788491519256



