Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
Libro das seniguais e do unico senigual
Libro das seniguais e do unico senigual

Detalls del llibre

Un suxestivo e curioso volume en formato álbum, dirixido a un público de todas as idades. A autora naceu na Arxentina e é filla dun galego republicano exiliado. Está considerada unha das voces literarias máis poderosas do mundo hispanoamericano e o seu vencello con Galicia vén de lonxe. No ano 2006 publicou en Galaxia A fin da terra. Neste libro (con reminiscencias afastadas aos Cronopios e Famas de Cortázar, tan vencellado tamén a Galicia) a autora plantea un xogo lírico dunha estrema beleza arredor dunha especie (imaxinaria ou non, velaí un dos engados do libro), as seniguais, que existen por todo o mundo pero que teñen a súa orixe en determinadas figuras do imaxinario tradicional galego: as meigas, as bruxas, e as fadas dos bosques. Galicia aparece con moita forza no libro, ao arrancar a acción de Fisterra e ao estar protagonizada por unha nena, Isolina, de orixe galega. Concibido narrativamente dende un punto de vista circular, a historia remata volvendo de novo a Fisterra e a Galicia. A obra vén sendo unha festa lírica e de imaxinación que, ademais de contarnos todo o que cómpre saber sobre estes enigmáticos seres, critica a violencia humana e o fanatismo, polo cal nos ofrece unha pluralidade de lecturas segundo o chanzo de idade dos lectores e lectoras que se acheguen ao libro. Os cativos lerán unha historia marabillosa sobre seres marabillosos. Os adultos serán quen de ver todo o que hai por debaixo e que a autora, sutilmente, quere transmitirnos. O libro está ilustrado pola artista Leonor Beuter (unha das pintoras con máis proxección do continente americano), a toda cor, buscando tirar do prelo non só un libro fermoso senón unha obra de alta calidade literaria, artística e editorial. Nas súas ilustracións, enchoupadas do mesmo lirismo imaxinativo do texto, a artista recorre a unha técnica pictórica que lembra o punto de cruz.
Llegir més

  • Autor/a Maria Rosa Lojo Calatrava
  • ISBN13 9788498653199
  • ISBN10 8498653193
  • Pàgines 48
  • Any Edició 2010
  • Fecha de publicación 27/10/2010
  • Idioma Gallec
  • Alto 220 mm
  • Ancho 295 mm
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit Libro das seniguais e do unico senigual?

Libro das seniguais e do unico senigual

Libro das seniguais e do unico senigual (Gallec)

20,33€ 21,40€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
20,33€ 21,40€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp