Detalls del llibre
Este proxecto editorial, loable e coral, é unha mostra máis da ?intelixencia natural? da Asociación Cultural Barbantia, cemento perseverante e fundacional de moitas outras actividades ?arredor de nós? ao longo do ano. E vai para vinte.Dezasete plumas, dezasete estilos, varios argumentos, temas e tramas, unidos tan só pola sinerxía da creatividade. Cada texto fai oír a súa presenza persoal nesta cadea desanoada e fraternal que nos invita a traspasar o espello máxico e vivirmos a única realidade posible: a dos soños compartidos: ?Un para todos??, armados de luz e palabra.E se ?todo está na palabra? en termos nerudianos, a palabra poética será a única arma salvavidas que nos ha rescatar dos desérticos mares que nos ameazan: a intolerancia, a insensibilidade, e mais a ignorancia.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a AA. VV.
- ISBN13 9788411762069
- ISBN10 8411762068
- Pàgines 204
- Any Edició 2024
- Fecha de publicación 01/01/2024
- Peso 330 g
Ressenyes i valoracions
HISTORIAS DE BARBANTIA
17 relatos de autoras e autores do Barbanza
Llegir més - De
- AA. VV.
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2024)
- 9788411762069



