A través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos. Unha vivencia que se incuba silenciosamente no corpo e na mente, transformando a identidade da protagonista e alterando a súa percepción do mundo. Un acto de resistencia literaria que reclama a importancia de nomear, recordar e transformar o trauma en coñecemento compartido.A través dunha narrativa fragmentada e introspectiva, «Goma de borrar» aborda a experiencia da violencia sexual na adolescencia. A historia dunha muller que, aos quince anos, comeza un proceso de desconexión progresiva de si mesma e da súa colectividade de amigas, mergullándose nunha relación abusiva que se prolonga durante anos. Unha vivencia que se incuba silenciosamente no corpo e na mente, transformando a identidade da protagonista e alterando a súa percepción do mundo. Un acto de resistencia literaria que reclama a importancia de nomear, recordar e transformar o trauma en coñecemento compartido.
2.º Premio Xuventude Crea 2025 de Novela Curta.
Un acto de resistencia literaria que reclama a importancia de nomear, recordar e transformar o trauma en coñecemento compartido.