Detalls del llibre
Obra dirixida a nenas e nenos que achega unha selección dos poemas editados por Xoán Neira ao longo dos últimos vinte anos e coa que o autor quere facer unha sentida homenaxe a Manuel María no cincuentenario da publicación da primeira edición do seu celebérrimo Os soños na gaiola. Como nos anuncia Armando Requeixo, autor da edición e do limiar, nesta Gaiola aberta de Xoán Neira atoparás grilos grileiros, toupas ceguiñas, tartarugas de pel dura e donicelas bulideiras. Tamén osos chorosos, lobos solitarios, raposos pillabáns e ata cervos de luz. Moitas raiolas na chuvia, avós paseadores, lúas crecentes e papaventos voadores. E un carrusel que xira e xira, un tren que vai e vén, un pirata boa pata e un máxico xardín. Queres coñecer a fonte de auga lizgaira, o sol da grandísima flor e a rosa de lume? Desexas saber todos os misterios do espantallo elegante, o paporroibo piador, o piñeiro de alta copa e o morcego voador? Pois non o penses máis: dálle a volta ao libro e comeza a soñar.
Llegir més - Autor/a Xoán Neira López
- ISBN13 9788499952871
- ISBN10 8499952879
- Pàgines 128
- Any Edició 2018
- Fecha de publicación 19/06/2018
- Idioma Gallec
- Alto 190 mm
- Ancho 150 mm
Ressenyes i valoracions
Gaiola aberta. Escolma de poesía infantil (1997-2017) (Gallec)
- De
- Xoán Neira López
- 9788499952871



