Detalls del llibre
Os seus nomes andaban de boca en boca, maldicidos por uns, admirados en secreto por outros, lobos na montaña, entre a furia e a desesperación. Ó Piloto ?o derradeiro abatido en España- matárono en 1965 a carón da represa de Belesar, en Lugo. Mario de Langullo aínda seguía daquela polos montes ourensáns. A versión oficial calificábaos de bandidos. Pero eran outra cousa. A memoria dun tempo de cataclismos. Carlos G. Reigosa, xornalista, adicou varios anos de investigación e traballo profesional a seguir os pasos destes protagonistas non sempre ben coñecidos da nosa historia contemporánea: os fuxidos. Nestas páxinas hai testemuñas, relatos e noticias de primeira man que só agora saen á luz, logo de tanto tempo. Nalgúns casos son documentos excepcionais. Tamén latexa nelas a vida, a paixón dos homes, o amor e a desolación, idealismo, barbarie e xenerosidade.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Carlos G. Reigosa
- ISBN13 9788475074238
- ISBN10 8475074235
- Pàgines 160
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallec
- Alto 210 mm
- Ancho 130 mm
- Peso 210 g
Ressenyes i valoracions
Fuxidos de sona (Gallec)
- De
- Carlos G. Reigosa
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788475074238



