Detalls del llibre
Fronte da arte. A arte galega no contexto europeo dos anos trinta recolleun conxunto de traballos dedicados ao desenvolvemento da pinturado século pasado, con especial atención á produción do movementorenovador da arte galega que traballa nos anos vinte, no período republicano,na Guerra Civil e no exilio. Estúdase como a súa arte eraconscientemente presentada desde posturas que reafirmaban o carácterconflitivo, denunciador da opresión ou reafirmador das imaxes,desde criterios sociopolíticos alternativos ao discurso dominante quedeitaba o poder. Tiñan pois, un forte contido social e identitario, aparecendoos labregos como clase subalterna mais tamén o proletariado eo mundo fabril. As obras dos nosos pintores prodúcense, xa que logo,desde un coñecemento do representado, elaborando un discurso quenon é alleo ao que se produce noutros lugares de Europa ?coas súassingularidades- e en América, no contexto dos chamados ?realismo deentreguerras?. A procura de raíces no pasado propio como fonte demodernidade é unha das receitas; no caso galego é a inspiración naarte popular e medieval, en especial a escultura esgrevia e granítica donoso románico e barroco.A recepción posterior tópica da nosa arte só se pode entender porunha visión previa que le a produción galega desde un a priori que areduce a imaxe costumista. Cómpre, pois, pensar a tradición artísticadesde nós. Pensar na lectura intencional do pasado máis tamén nalectura presente desde a pura visualidade e desde a posición actualda nosa nación, o que implica distintas posíbeis lecturas das imaxes,desemellantes mais non incompatíbeis.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Carlos López Benárdez
- ISBN13 9788484874645
- ISBN10 8484874648
- Pàgines 146
- Any Edició 2020
- Fecha de publicación 12/03/2020
- Idioma Gallec
- Col.lecció ENSAIO
- Alto 210 mm
- Ancho 140 mm
Ressenyes i valoracions
Fronte da Arte (Gallec)
A arte galega no contexto europeo dos anos trinta
Llegir més - De
- Carlos López Benárdez
- |
- LAIOVENTO (2020)
- 9788484874645



