Detalls del llibre
Nunca tiven nin auto, nin moto. O máximo que cheguei aguiar foi unha bicicleta escangallada, e total para que ó segundodía de estacionala na cidade, uns mangantes me cortaranos freos. Tampouco nunca souben aprezar a suposta beleza decatro latas brillantes afumando ós sufridos peóns.Emporiso teño unha chalana pintada pola man do meu avóde branco e vermello; cando era cativa vogueina a carón depapá e de padriño. Lembro con estrañeza a lixeireza do remo,en aparencia pesado de máis para os meus brazos de nena.A min respondíame amorosamente, deslizábase entre as ondascomo unha culler revirando o leite. A vida das chalanas, decase todo animal, é máis curta cá dos humanos e a isa disparidadenunca nos damos afeito. Agora agarda varada no baixoda casa, morta coido que non está, pero casi. Eu négome ódespece, soméllame que se iría un ser máis da familia.As dúas temos o mesmo nome e cando me preguntan quenson, nunha íntima brincadeira ante tanta pedantería, eu só ficosegura de chamarme como a nosa chalana; intúo que esa particular circunstancia garda a cerna remota da miña identidade.Os seus chicotes son o cordón umbilical que me mantén firme eunida á terra, á orixe, ós ancestros; algún día levarame de volta.Os solitarios, bebedores e vagabundos de ?Fin de Festa? formanparte desa mesma identidade, unha intelección do mundotolerante, solidaria, non desde a condescendencia senón desdeo asombro, admirada do afán por sobrevivir con dignidade.Móveme o amor a algo inaprensíbel, o que non me impide adenuncia ante a inxustiza e o abuso dos de sempre. Por iso,sobre o canto ós ?saudosos? protagonistas do libro, paira taméno mundo das drogas, representado por Susi Arnela, unha rapazaque podería ser calquera, cos narcos facendo millóns a contados máis inxenuos, coa agravante de que as súas vítimas adoitoson xente nova e por tanto inexperta. Na miña terra levoua varias xeracións por diante, transformou en zombis como osque Susana soñaba premonitoriamente, o que debera ser unhaxuventude vigorosa, protestataria, ávida de vida.?Diana Varela
Llegir més - Autor/a DIANA VARELA PUÑAL
- ISBN13 9788484873587
- ISBN10 8484873587
- Any Edició 2017
- Fecha de publicación 01/04/2017
- Idioma Gallec
Ressenyes i valoracions
FIN DE FESTA (Gallec)
- De
- DIANA VARELA PUÑAL
- |
- LAIOVENTO (2017)
- 9788484873587



