Detalls del llibre
Feirear significa ?mercar', ?vender' ou ?tratar algún negocio na feira'.É este un título que pretende ser chamador, máis tamén quere integrar os contidos que del se derivan na súa acepción máis compracente e evocadora do mundo rural, que sempre fixo principal a actividade de ir de/á feira, que se foi reconvertendo co tempo nun acontecemento máis económico que social.O relato que segue ten feitos, tempo de realización e un marco social moi coñecido, mais non é un texto ?oficial?, senón desde a perspectiva do sector. A súa feitura está movida por un desexo de descifrar e espir para coñecer o que foi a esencia do substrato feiral do país no sector primario, pero tamén para abrir o seu futuro nunha nova dirección conforme as condicións sociais e de mercado van cambiando, e que José Ramón Castro Frade coñece de primeira man tras décadas no mundo das Feiras, con maiúscula, do que nos presenta unha fotografía en primeiro plano.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a JOSE RAMON CASTRO FRADE
- ISBN13 9788411760362
- ISBN10 8411760367
- Pàgines 262
- Any Edició 2023
- Fecha de publicación 01/01/2023
- Peso 420 g
Ressenyes i valoracions
FEIREAR
- De
- JOSE RAMON CASTRO FRADE
- |
- Editorial Galaxia, S.A. (2023)
- 9788411760362



