Detalls del llibre
Xosé Ramón Freixeiro Mato elaborou esta Estilística da lingua galega co obxectivo de ordenar e sistematizar os valores expresivos do idioma galego, dotándoo así dunha ferramenta de análise da cal outras linguas próximas xa dispoñen desde hai tempo. A obra, realizada fundamentalmente con base nos textos literarios contemporáneos, contribúe a unha posta en valor do noso patrimonio lingüístico-literario e do labor artístico dos escritores e escritoras, que conseguiron labrar artesanalmente a lingua nacional para tiraren dela toda a súa potencialidade expresiva. O arduo traballo de construción da lingua literaria galega a partir dun idioma desprestixiado, abandonado e ruralizado só desde o propio país pode ser hoxe recoñecido e reivindicado. Esta completa Estilística da lingua galega, cun tratamento pormenorizado e actual dos aspectos gráficos, fonéticos, morfosintácticos, léxico-semánticos e textuais, tórnase aínda nestes momentos oportuna, útil e necesaria, pois é particularmente nos seus valores expresivos onde se debe alicerzar o prestixio e o futuro do idioma galego, así como a autoestima dos seus usuarios e usuarias.
Llegir més - Enquadernació Butxaca
- Autor/a Xosé Ramón Freixeiro Mato
- ISBN13 9788499144986
- ISBN10 8499144985
- Pàgines 576
- Fecha de publicación 08/05/2026
- Idioma Gallec
- Alto 240 mm
- Ancho 170 mm
- Peso 960 g
Ressenyes i valoracions
Estilística da lingua galega (Gallec)
- De
- Xosé Ramón Freixeiro Mato
- |
- Edicións Xerais (2026)
- 9788499144986



