Close App de Bookish

App de BookishLlegeix més i millor

Descarregar
Google 4.5
★★★★★
Google reviews
ELEMENTOS DE CRITICA LITERARIA
ELEMENTOS DE CRITICA LITERARIA

Detalls del llibre

Este libro, coordinado polo profesor Arturo Casas, márcase o obxectivo de elaborar unha achega sistemática e cohesionada sobre a Crítica no marco xeral dos Estudos literarios. Para alcanzalo, comeza por delimitar a identidade da Crítica como disciplina e por dirimir o lugar e funcións que lle corresponden en tanto actividade social, cuestións tratadas no primeiro dos seus tres bloques, "Aspectos teóricos". No segundo e no terceiro, "A Crítica e os xéneros" e "A Crítica e o espazo interartístico", expóñense as claves analíticas de diversos métodos crítico-literarios e efectúanse aplicacións concretas dos seus operativos sobre os arquixéneros recoñecidos pola Poéticas clásicas ou modernas (narrativa, poesía, teatro e ensaio) e sobre diferentes clases textuais ou discursivas (o diálogo, a descrición, a narración ou a argumentación, entre outras). Tamén se revisan neses percorridos problemas tan relevantes como a experiencia da lectura, a ficcionalidade ou a propia noción de xénero e as súas posibilidades tipolóxicas. "Elementos de Crítica literaria" é un manual vinculado á ampla experiencia docente e investigadora do grupo de Teoría da literatura e Literatura comparada da Universidade de Santiago de Compostela (TLLC-USC). Dos capítulos do libro responsabilizáronse especialistas en cada un dos sectores delimitados polo coordinador, de maneira que aos panoramas de conxunto puido sumarse en cada caso un pormenorizado estado da cuestión que presenta con rigor a tradición académica e asemade achega información moi precisa sobre o rico e complexo debate actual en torno ao feito literario e cultural. Son autores da obra: Anxo Abuín González, Silvia Alonso, Fernando Cabo Aseguinolaza, Arturo Casas, Iris Cochón Otero, César Domínguez, Antonio J. Gil, María do Cebreiro Rábade Villar, Ángeles Rodríguez Fontela, Norma Rodríguez González, Iria Sobrino Freire, Teresa Vilariño Picos e Darío Villanueva.
Llegir més

  • Enquadernació Butxaca
  • Autor/a ARTURO CASAS VALES
  • ISBN13 9788497822534
  • ISBN10 8497822536
  • Pàgines 696
  • Any Edició 2005
  • Fecha de publicación 01/02/2005
  • Idioma Alemany, Francès
  • Alto 241 mm
  • Ancho 172 mm
  • Peso 1.160 g
Llegir més

Ressenyes i valoracions

Sigues la primera persona a valorar-lo!

Has llegit ELEMENTOS DE CRITICA LITERARIA?

ELEMENTOS DE CRITICA LITERARIA

ELEMENTOS DE CRITICA LITERARIA (Alemany, Francès)

33,44€ 35,20€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
33,44€ 35,20€ -5%
Enviament Gratuït
No disponible
  • Visa
  • Mastercard
  • Klarna
  • Bizum
  • American Express
  • Paypal
  • Google Pay
  • Apple Pay
Devolució gratuïta Info
Gràcies per comprar a llibreries reals! Gràcies per comprar a llibreries reals!

Més llibres de ARTURO CASAS VALES

Promocions exclusives, descomptes i novetats al nostre butlletí

Parla amb la teva llibretera
Necessites ajuda per trobar un llibre?
Vols una recomanació personal?

Whatsapp